Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Condado (comarca) / Ponteareas
Parroquia: Ribadetea (San Xurxo)
Lugar: Entreeidos - Souto
Outra denominación do ben: Cruceiro de Entreeidos
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

O cruceiro ten como base un so chanzo. A base é cadrada e coas arestas achafranadas. Leva unha inscrición o arredor moi gastada e pouco lexible que di:
“ALONSO PRE—
AÑO DE 1817”
Nesta base cúbica descansa un fuste octogonal, rematado nun fermoso capitel de tipo corintio. Ten cruz de paos cadrados, que leva no anverso a figura de Cristo, co pé dereito sobre o esquerdo ó modo clásico. No anverso a Virxe cos pés sobre unha peana cunha cara, mans collidas en actitude dolorosa e cun manto que a cubre dende a cabeza ós pés.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PONTEAREAS/documents/0861CA016.pdf (Páxina 4)
https://cruceirosdegalicia.xyz/360422101.html

BIBLIOGRAFÍA
FERNÁNDEZ ÁLVAREZ, MONÉ. Cruces, cruceiros e petos de ánimas do Concello de Ponteareas. Ed. AGCE, S.L. Vol. XXXVII. 2008

ENLACES DE REFERENCIAS LEGAIS
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1939100869
Lonxitude: -8.52011740208
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84