Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Ourense
Parroquia: Ourense (A Milagrosa)
Lugar: Montealegre
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Nunha gran rocha, coa cidade de Ourense como fondo, está a Cruz de Montealegre. Substituíu a actual a dúas anteriores de madeira e ferro respectivamente, coroando o outeiro.
A metálica, construída en 1892, substituíu a antiga de madeira, posta no mesmo lugar para lembrar a escena do crime dun arrieiro castelán.
Tiña un xeito semellante a cruz celta de Ruwes, datada no s. XIV, e que, ao parecer, en opinión de algúns homes instruídos, contiña signos de carácter masónico-naturista. No seu día houbo disputas acaloradas entre defensores e opoñentes da mesma, ata que un día, foi destruída con dinamita.
O actual, en pedra, foi construída en maio de 1898, como evidencia a inscrición da súa base.
Está formada por unha base tronco-piramidal, sobre a que se encontra a lenda co ano de construción, sobre esta base sae un pequeno varal tamén de forma tronco-piramidal, pero invertida. Sobre este situase a gran cruz con sección cadrada, tendo o conxunto unha altura de uns 3m.
Ao seu arredor estase facendo o xardín botánico de Ourense.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2003/02/13/1490633.shtml
IMG_3104
Cruz de Montealegre (s.XIX) #Ourense #Galicia #Spain
http://es.wikiloc.com/wikiloc/imgServer.do?id=1551231
http://es.wikiloc.com/wikiloc/imgServer.do?id=1551259
http://es.wikiloc.com/wikiloc/imgServer.do?id=1551218


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.33417595917558
Lonxitude: -7.850805670022964
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84