Outra fotografía:

Tipo de ben: Escudo / Epígrafe,
Concello: Tui
Parroquia: Randufe (Santa María da Guía)
Lugar: Arcos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

O desaparecido pazo de Arcos, tamén coñecido como Pousa dos Montenegro, pertenceu á familia Pereira de Castro. As súas orixes remóntanse cara a finais do século XVI. A edificación foi unha das máis notables de Tui no seu momento, de igual maneira que a familia, á cal pertenceron ilustres personaxes tales como o humanista do renacemento galego Álvaro de Cadaval, primeiro gramático de lingua latina da Universidade compostelá e autor do célebre epitafio do claustro do Colexio de Fonseca (…Gallaecia Fulget). Vinculada ao pazo estaba a capela dos Remedios, na actualidade igrexa parroquial de Randufe e baixo a advocación de Nosa Señora da Guía.

A día de hoxe no lugar do pazo levántase unha vivenda que aproveitou os materiais da antiga edificación e o portal de entrada.

O portón de entrada, de tipoloxía barroca, presenta unha estrutura alintelada e sobre el disponse un escudo flanqueado por volutas ou aletóns e dous elementos lobulados. Para rematar o conxunto o brasón é coroado por un remate triangular cun medallón cunha efixie masculina e volutas nos vértices.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

VILA BOTANES, S. “Pazos e casas de Tui. A arquitectura civil en Tui e Valença”. Tui, 2000. (pp. 51-52)

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/TUI/documents/27513CA103.pdf (p. 27, ficha CT/03-ARQ/25)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.04543654213809
Lonxitude: -8.663406372070312
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84