Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Cambre
Parroquia: Pravio (San Xoán)
Lugar: O Pombo - Volteiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

O Castro do Pombo sitúase no cume dun monte a uns 90 metros de altitude sobre o nivel do mar. O recinto fortificado ten unha planta ovalada case circular cunhas medidas de leste-oeste duns 135 metros por 155 de norte-sur, abarcando unha superficie dunhas 1,6 hectáreas. As defensas están formadas por un noiro dende a parte sur ata o leste combinado cun terraplén no exterior que vai dos catro a cinco metros de altura e no interior, unha suave pendente duns dous metros. No resto dos puntos a defensa consiste na caída natural do terreo chegando a ser duns oito metros. No centro do castro sitúase a Croa, un montiño duns dous metros de altura semellando unha illa en forma de coitelo cheo de carballos novos. Ten a súa entrada pola parte sur e está cinguido de casas cos seus terreos pechados. A dereita da entrada do castro hai unha vivenda que case está encima do parapeto, habendo un muro de bloques que si toca en dito parapeto.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.300524740787125
Lonxitude: -8.307702541351318
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84