Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Vigo
Parroquia: Zamáns (San Mamede)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
O Cruceiro de Zamáns atópase nunha pequena praza axardinada e compartindo “decoración” con outras pezas, nun cruzamento, a uns 50 metros da igrexa parroquial. Debido á circunstancia antes mencionada, do axardinamento masivo do lugar en que se localiza este monumento, é imposible poder apreciar os chanzos deste, así como a base completa, pois só podemos contemplar a súa parte superior, pola que se pode dicir que posúe sección cuadrangular. o VARAL é octogonal e remata nun sinxelo colariÑo. A continuación podemos ver o capitel, sinxelo, con volutas de orde xónica en cada unha das súas esquinas. A cruz, de sección cadrangular, no seu lado anverso preséntanos un Cristo ríxido e inexpresivo. A Virxe da Piedade, no reverso, como é habitual nestas representacións, sostén un Cristo sobre os xeonllos de menos tamaño proporcionalmente á súa figura.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACE WEB
PXOM CONCELLO DE VIGO – Agosto 2021 (ficha EX.30.001 – páxina 100)
https://cruceirosdegalicia.xyz/360572201.html
BIBLIOGRAFÍA
RODRÍGUEZ PUENTES, Eugenio e ABAD GALLEGO, Juan Carlos. (1990). Cruceiros, cruces e petos de ánimas no Concello de Vigo. Colección Datos. Datos/2. Concellería de Cultura. Concello de Vigo.
PRADO GONZÁLEZ. Manuel Gonzalo (2013). Cruceiros, Cruces e Petos de Ánimas en Terras de Fragoso. Ed: Diputación de Pontevedra.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Ao estar nesa praza axardinada e medio soterrado non o podemos admirar na súa totalidade.
Onde está localizado
Latitude: 42.1547782714Lonxitude: -8.68846356869
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84