Outra fotografía:

Tipo de ben: Muíño,
Concello: Ferrol (comarca) / Narón
Parroquia: San Xiao de Narón (San Xiao)
Lugar: A Ponte de Xuvia
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Conxunto de dous muíños cun total de catro rodas promovido polos empresarios franceses Juan Lestache e Francisco Bucau. Construído en cachotaría recebada e pintada, ten os enmarques dos vans con cantaría. Ademais, e de salientar a estrutura dos infernos, con arcos de medio punto e importantes doelas. A cuberta era a dúas augas e unha auga con tella curva.
Aproveitando a forza da auga do río Xuvia, este muíño chegou a ser o máis importante do país, na súa clase, alá polo ano 1858. Ademais do seu uso para moer fariña tamén se utilizou coma fábrica de papel, tecidos e laminado de cobre.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.asociacionbuxa.com/2009/02/muino-de-xuvia-2/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Atópase en proxecto de restauración, pero agora mesmo amosa un aspecto ruinoso, clamando por esa restauración que non da finalizado.


Onde está localizado

Latitude: 43.517209811
Lonxitude: -8.1517803669
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84