Outra fotografía:
Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Rianxo
Parroquia: Rianxo (Santa Comba)
Lugar: Praza Rafael Dieste, s/n - Rianxo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
A orixe do Pazo do Martelo remóntase ao século XV, malia que os restos desta época, unha torre, non se conservan. Posteriormente levantouse o edificio actual, no XVIII, sufrindo numerosas ampliacións e reformas ata o século XX, por mor do seu estado de abandono. Posúe planta rectangular e dúas plantas, destacando na fachada un fermoso balcón con seis ventás e dous escudos nos laterais.
Atópase a carón da igrexa de Santa Comba, en pleno centro de Rianxo, e hoxe utilizado polo concello coma Biblioteca municipal.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.arosanorte.net/Pazo%20de%20Martelo%20(Rianxo).htm
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.65062486985363Lonxitude: -8.818982541561127
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Xul 29, 2015
O edificio actual non corresponde co orixinal, do século XVII, que incluía unha torre de tres plantas, ó parecer a única construcción inicial, do século XV, propiedade de Don Paio Gómez de Soutomaior, “O Chariño”, que despois foi ampliada sobre as casas circundantes.
Presenta tamén un brasón con coroa de marqués e emblemas dos Varela, Figueroa, Andrade e Soutomaior, ningunha delas representativa do primeiro señor da casa, “O Chariño” de Soutomaior, militar e poeta.
Foi declarado monumento histórico-artístico en 1973 e rehabilitado polo Concello en 1983 para a Biblioteca Pública Castelao.
ENLACES WEB
ftp://ftp.concelloderianxo.es/PXOM_RIANXO_2014_05/3_ORDENACION_3_CATALOGO_5_PAXS_322_395_ARQUITECTURA_CIVIL.pdf (Ficha B-062)
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?langId=es_ES&cod_rec=19668&ctre=36&volverFicha=true
http://omarfeitotradicion.gal/pazos