Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Rianxo
Parroquia: Rianxo (Santa Comba)
Lugar: Rianxo
Outra denominación do ben: Igrexa de Santa Columba
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
Igrexa de estilo gótico de finais do século XV. De planta rectangular, conta cunha soa nave dividida en catro tramos separados por tres arcos faixóns apuntados. Ten, ademais, unha capela maior cun fantástico retablo dividido en cuadrículas con pinturas góticas, dúas capelas laterais, dúas sacristías e unha torre campanario, xa pertencente o século XVII. O templo conta con moitas curiosidades, tanto no interior coma no exterior. Así, hai uns canzorriños no muro lateral con figuras humanas e animais, decoración en algunhas ventás e figuras da Virxe dos Dores e do Nazareno nas paredes. Na portada principal, plateresca, ten decoración vexetal con dous pináculos con figuras de anxos e un rosetón.
Está situada no centro de Rianxo, xunto ao Pazo do Martelo.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.65047691257794Lonxitude: -8.818625807762146
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Xul 29, 2015
No seu interior destacan as súas capelas laterais. Á esquerda do terceiro tramo da nave principal ábrese unha capela lateral construída en 1675 por un membro da familia Bastón. Presenta sepulcro e escudo e cúpula esférica. Nesta capela atópase a imaxe do Nazareno. Á dereita do cuarto tramo ábrese outra capela lateral con bóveda de arista na que se atopa un retablo posiblemente neoclásico coa imaxe da Virxe das Dores, quizáis a máis bela das que se conservan na Igrexa. Dende o altar maior accédese á “sacristía vella”, con bóveda de crucería e porta exterior. Entre a capela lateral do terceiro tramo e esta sacristía está a antiga capela lateral esquerda, que presenta un escudo no frontal, e que carece de uso público actualmente.
Outros elementos destacados son o altar maior, construído posiblemente no primeiro cuarto do s. XVIII que que posúe unha imaxe do Cristo en madeira a modo de furna; unha imaxe gótica da Virxe co Neno; unha pía bautismal.
ENLACES WEB
ftp://ftp.concelloderianxo.es/PXOM_RIANXO_2014_05/3_ORDENACION_3_CATALOGO_4_PAXS_300_321_ARQUITECTURA_RELIXIOSA.pdf (Ficha A-015)
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=5067&ctre=31
http://omarfeitotradicion.gal/igrexas
http://www.arousa-norte.es/entorno_subcat2.php?id_subcategoria=1.2