Outra fotografía:

Tipo de ben: Institucións culturais (museos, arquivos, centros educativos...), Institucións privadas (sés de empresas, centros sociais...),
Concello: Vigo
Parroquia: Vigo Centro
Lugar: Rúa de Uruguai, 3-5
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

O edificio, de 1942, ten carácter rexionalista, aínda que recolle elementos decorativos da arquitectura histórica galega. Estes pódense observar na galería superior de arcos enlazados, influencia da fachada do Tesouro do claustro da Catedral de Santiago de Compostela ou na composición e decoración dos vans da balconada da rúa de Uruguai semellantes aos do Hostal dos Reis Católicos tamén en Compostela, ademais de elementos barrocos.
Foi deseñado polo arquitecto especialista en salas cinematográficas Luis Gutiérrez Soto para albergar un teatro e un cine de 1758 localidades, unha sala de festas, un salón de té e oficinas de alugueiro.
A estrutura interna é de formigón e os muros de granito do país, deixouse a pedra de máis calidade para os elementos decorativos.
Cabe destacar tamén o ampuloso pórtico partido de formas rectangulares e a decoración neobarroca da fachada da rúa de Uruguai pola que se accede ao interior.

O 28 de xuño de 2001 o Cine Fraga pecha as súas portas e dous días despois Caixa Galicia merca o edificio. No ano 2010 a entidade bancaria comeza a súa reforma das mans do arquitecto César Portela.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

O 24 de xaneiro de 2018 a entidade bancaria propietaria deste edificio anuncia un novo proxecto para todo o conxunto (ver referencias bibliográficas).


Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA:
GARRIDO RODRÍGUEZ, Jaime: “Arquitectura da pedra en Vigo”
GARRIDO RODRÍGUEZ, Jaime: “Vigo. La ciudad que se perdió”
MARTIN CURTY, J. A.: “Cines de Vigo”

ENLACES WEB:
http://www.ilux.es/Teatro_Fraga/Teatro_Fraga/visor.html
http://arquitecturavigo.blogspot.com.es/2007/10/cine-fraga.html
https://www.lookingformaps.com/lugar.php?mapa=Ruta-4-Vigo-Ayer-y-Hoy&lugar=09.a+-+Cine+Fraga&index=22

http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2018/01/24/abanca-ultima-relanzamiento-teatro-fraga/1825409.html
http://www.atlantico.net/articulo/vigo/abanca-anuncia-proyecto-propio-teatro-fraga/20180124234508628744.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2367829456
Lonxitude: -8.71971130371
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84