Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Rois
Parroquia: Buxán (San Xoán)
Lugar: Picadizo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

O castro atópase a 500 m. da aldea de Picadizo e está marcado no PXOM do concello de Rois co código de Patrimonio GA15074006. Está tamén á mesma distancia do asentamento catalogado da Morosa Grande ou castro do Tremiñado, que podemos ver na mesma páxina do plano de ordenación co código GA15074009 . Os habitantes da aldea refírense a el como “o castro” e está conformado por unha muralla de terra e cachote, de forma circular, duns 70 m. de diámetro, contando o ancho das defensas. Ten un outeiro no seu interior tamén de forma circular, a modo de croa e de forma concéntrica a anterior duns 26 m. O parapeto exterior está alterado polas labores agrícolas, pero adivíñase aínda todo a súa estrutura. No mapa de pendentes pódese observar a súa forma e defensas.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA15074006
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ROIS/documents/0349PB015.jpg
(código GA15074006)
Plano de pendentes da zona do Castro de Picadizo.
Na parte esquerda inferior da imaxe en pdf
http://descargas.xunta.es/descargar?url=7a578390-b1ca-4554-be9f-7d5d92ff11ca1457536927028
Web cos castro de Rois
http://content.yudu.com/Library/A1rtfk/ARutaXacobeadoMardeA/resources/84.htm


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7542114061
Lonxitude: -8.72031211853
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84