Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Condado (comarca) / Ponteareas
Parroquia: Ribadetea (San Xurxo)
Lugar: Lomba do Cruceiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro de tipo cruz con plataforma cuadrangular de dous chanzos e pedestal con mediacana. O varal empeza en cadrado e continúa en octogonal. O capitel é de tipo corintio moi rudo. A súa cruz é cadrada con remate de disco central en forma de estrela. O seu baseamento está repleto de inscricións ilexibles polo paso do tempo, pero nunha delas se pode ler a seguinte data: “1790”

Nunha das súas caras atopamos unha lápida de mármore de di:

“CRUCEIRO DA LOMBA
RECONSTRUIDO POR
CERAMICA LA ESPERANZA
Y SERRERIAS DEL TEA
S.L. AÑO 1955”

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
https://cruceirosdegalicia.xyz/360422102.html

ENLACES DE REFERENCIAS LEGAIS
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Ao lado do cruceiro atópanse varios contedores de lixo. Tamén ao redor atopamos restos de tixolo, cemento e entullo de obras.


Onde está localizado

Latitude: 42.1886656901
Lonxitude: -8.51948708296
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84