Outra fotografía:
Tipo de ben: Vivenda singular, Institucións políticas (concellos...),
Concello: Boimorto
Parroquia: Dormeá (San Cristovo)
Lugar: A Chavella
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX, Século XX,
Descrición:
As Casas de Lagoeiros ou de “Peones Camineros” son vivendas duns 30 m2 situadas correlativamente ao longo das estradas provinciais. Estaban a unha distancia dunha legua (5’5 quilómetros), que eran onde vivían os lagoeiros e as súas familias. Os Lagoeiros ou “Peones Camineros” eran dependentes do MOPU (Ministerio de Obras Públicas) e o seu traballo consistía no mantemento e conservación do tramo de estrada, dunha legua, entre a súa casa e a seguinte.
Estas casas tiñan dúas habitacións que acollían a dúas familias e contaban con forno, horta e baño comunal.
A casa da Chavella repite o esquema construtivo da maior parte destas vivendas: planta cuadrangular, unha soa altura, cuberta a dúas augas e paredes de cachotaría e cantaría. A fachada principal ten só tres ocos: unha porta e dúas fiestras.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Na cultura popular os Lagoeiros estaban mal vistos porque, segundo a xente, cobraban demasiado polo pouco que facían. A imaxe típica do lagoeiro é a dun home apoiado no mango dun sacho sen traballar.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Algunhas destas casas pertencen á Xunta de Galicia e non fai nada por arranxalas ou cedelas a concellos ou particulares. As poucas que seguen en mans privadas non perciben ningunha axuda para o seu mantemento e veñen dadas por herdanza así que no momento no que os seus actuais propietarios falezan pasarán á Xunta.
Onde está localizado
Latitude: 43.0025600615378Lonxitude: -8.091859817504883
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Carmela says:
Xan 4, 2013
“Lagoeiro” é unha variante do termo “legoeiro”, que é o que recolle o dicionario da RAG e mesmo o Estraviz. Neste último tamén aparece relacionado o termo “cantoneiro”.