Outra fotografía:
Tipo de ben: Castelo,
Concello: Cervantes
Parroquia: Santa María de Vilarello
Lugar: Doiras
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
O castelo de Doiras é tamén coñecido como Torre de Ferreiras ou da Ferreiría, quizais pola súa proximidade á ferreiría de Fonquente. Sitúase a uns 745 metros de altura, dominando o rio Cancelada na desembocadura do Doiras.
De difícil acceso agás pola parte Sur, onde chega o camiño, sitúase sobre un rochedo convertídoa nunha fortaleza impresionante pertencente ó dominio do señor de Cervantes, o conde de Graxal de Campos, título que ata 1909 ostentou o duque de Sesto.
De planta rectangular de 25 por 21 metros e muros dun grosor de metro e medio, están feitos de cachotería pizarrosa duns oito metros de altura non sendo igual en tódolos sitios debido ós desniveis do terreo. Posúe dúas torres, unha circular e a outra, a Torre do Homenaxe que se sitúa ó Leste acadando os quince metros de altura. Esta torre é rectangular de 10 por 8 metros e con muros de dous metros de grosor. A porta de entrada da á fronte do patio da honra e amosa un arco de medio punto, abríndose a unha altura de catro metros. Ademais presenta un paseo de rolda, ameas na cerca e na torre, un alxibe e diferentes dependencias.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA27012068
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Deste castelo consérvase a lenda da muller cerva e que dí que no castelo de Doiras moraba un cabaleiro de nome Froilaz, con dous fillos: Egas e Aldara. O fillo doutro señor dun castelo non moi lonxano namorouse de Aldara. O seu amor foi correspondido e, co consentimento dos pais, anunciouse a boda.
Unha tarde, Aldara desapareceu mentras paseaba polas fragas desta zona dos Ancares. Os Pais, irmán, criados e escudeiros, ademais do seu namorado, acompañado das súas xentes, foron na súa busca por montes e bosques, por chouzas e caseríos… despois dalgúns días de procuras infructuosas, consideraron definitiva a pérdida de Aldara, imaxinándoa malferida por algún xabarín, algún oso ou devorada polos lobos…
Un día Egas, estando de caza, divisou unha fermosa cerva branca. Dun disparo senlleiro rematou coa vida do animal, mais non se dera conta de que era imposible levala ata o castelo polo seu peso excesivo,ou tal vez, porque a neve dificultaba o transporte, así que lle cortou a pata dianteira da cerva (para sinalar co animal pertencíalle, ou para poder amosar un trofeo que dese conta da súa fazaña). E cando foi amosárllela o seu pai contándolle o éxito acadado,sorprendidos e atemorizados, viron como Egas sacaba do seu zurrón unha man; unha man fina, branca, suave; unha man de doncella fidalga que levaba nun dos dedos un fermoso anel de ouro cunha pedra vermella que o pai e fillo recoñeceron como pertencente á súa irmá desaparecida. Co ánimo dolorido correron na busca dos restos onde Egas matara a cerva branca, o desacougo e tristura voltáronse en indescritible desazón cando atoparon o cadáver da irmá desaparecida ó que lle faltaba unha man. Segundo o que conta a lenda, algún mouro ou fada debeu de encantala nunha figura de cerva, e a morte encargouse de devolverlla o seu estado natural de doncella aínda que xamais se puido saber o motivo.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
-BOGA MOSCOSO, R.: “Guía dos castelos medievais de Galicia”, Edicións Xreais de Galicia, xullo do 2003.
http://www.sotodefion.org/espa/doiras.htm
http://sobregalicia.com/2010/01/28/el-castillo-de-doiras-y-l…
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GALICIA/documents/LUGPA003.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.7830275428Lonxitude: -6.98471903801
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
6 comentarios
Xabier Moure says:
Out 26, 2014
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/2014/10/26/falta-recursos-economicos-bloquea-rehabilitacion-do-castelo-doiras/0003_201410L26C10991.htm
Oscar Franco says:
Xan 27, 2017
Prensa escrita do 27 de xaneiro de 2017:
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/cultura/2017/01/27/historiadores-alertan-danos-abandono-castillo-doiras/0003_201701G27P32991.htm
Oscar Franco says:
Feb 1, 2017
Dous artigos que falan deste fermoso castelo:
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/cervantes/2016/12/13/castillo-doiras-nunca-estuvo-solo/0003_201612L13C12994.htm
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/cervantes/2017/01/28/duenos-doiras-hablaran-xunta-diputacion-sobre-estado-castillo/0003_201701L28C4992.htm
Oscar Franco says:
Feb 6, 2017
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/2017/02/05/doiras-ben-merece-unha-atencion/0003_201702E5C4992.htm
Oscar Franco says:
Feb 25, 2017
Seguen saíndo noticias sobre este ben:
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/2017/02/24/piden-fundacion-xose-soto-fion-ceda-doiras-ayuntamiento-cervantes/0003_201702M24C6997.htm
http://elprogreso.galiciae.com/noticia/666869/el-concello-de-cervantes-pide-la-cesion-o-donacion-del-castillo-de-doiras
Castelo de Doiras un Castelo con una historia de amor says:
Abr 30, 2020
[…] Pâtrimonio Galego […]