Outra fotografía:
Tipo de ben: Ponte,
Concello: Gondomar
Parroquia: Mañufe (San Vicente)
Lugar: Lameiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Romana,
Descrición:
De orixe e tipoloxía aparentemente romanas, foi levantada en 1140 no lugar que debeu ocupar unha anterior de orixe romana.
Cunha lonxitude total de 42 m. e un ancho de plataforma de 3,20 m., a ponte conta con 3 arcadas de bóveda de medio punto e está protexida con tallamares por unha banda.
As sucesivas modificacións foron importantes, como o demostra que un pergamino con inscricións, das que se deduce a data de 1140 d.C., estivese investido así como a característica de alzado de dobre vertente. Podemos pois deducir que esta ponte é bastante anterior á da Ramallosa. Outra pista pode ser que as pontes romanas non adoitaban localizarse nas desembocaduras dos ríos (localización propia da Idade Media) senón máis ben río arriba, o que parece corrobora a súa datación romana.
A ponte conserva numerosas marcas de cantería e unha inscrición na bas dun dos estribos que reza o seguinte:
“L ERA : M C L XX III”.
Sobre esta ponte pasa o Camiño da Nosa Señora do Norte a Santiago, que se separa do central en Barcelos e volve a él en Redondela.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
O Concello de Gondomar busca financiamento para unha rehabilitación integral desta ponte (ver referencia bibliográfica do 1 de febreiro de 2023).
Referencias bibliográficas:
www.planteamientourbanistico.xunta.es/mapes/GONDOMAR/documents/0788005.pdf (P. 4)
http://solaina.es/galeria_imaxes/aplicacions/ruta_sendeirismo_manufe_ponte.pdf
https://www.romanicodigital.com/sites/default/files/pdfs/files/pontevedra_Ma%C3%B1ufe.pdf
https://galego.farodevigo.es/comarcas/2023/02/11/salvemos-historico-puente-manufe-82802923.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
O paso de vehículos pesados e as crecidas do río inciden gravemente no deterioro da ponte.
Onde está localizado
Latitude: 42.1105484504Lonxitude: -8.77395629883
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
Oscar Franco says:
Set 14, 2013
Os veciños do lugar denuncian a actuación de maquinaria pesada na zona de protección desta Ponte Romana:
http://www.valminor.info/gondomar/5901-vecinos-advirten-da-actuacion-de-maquinaria-pesada-na-zona-de-proteccion-da-ponte-romana-de-manufe?utm_source=dlvr.it&utm_medium=facebook
Oscar Franco says:
Set 28, 2013
A ponte romana de Mañufe segue sendo noticia:
http://www.farodevigo.es/comarcas/2013/09/28/gondomar-blinda-riadas-puente-romanico/885922.html