Outra fotografía:

Tipo de ben: Ponte,
Concello: Becerreá
Parroquia: San Remixio de Liber
Lugar: Pontes de Gatín
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Romana, Época Baixomedieval,
Descrición:

É unha antiga ponte construída sobre o río Navia de orixe romana, dado que por aquí pasa a Vía Romana XIX, pero reconstruída na Idade Media.
A fábrica actual, de lascas de pizarra tomadas con morteiro de cal fai que non semelle moi antiga. Posúe dúas bóvedas tamén de pizarra da zona aparellada con morteiro de cal e area, unha de 15,90 metros de luz e directriz próxima á circular, e a máis pequena de 4,35 metros de luz, construída na marxe dereita, que actúa de desaugadoiro coas augas crecidas. A anchura da fábrica é reducida e vai dende os 3,70 e 3,90 metros. A calzada fica reducida a uns 2,70 metros na parte media da ponte, debido a uns anchos pretís de 60 centímetros. O perfil da ponte é dun forte alombado. No ano 2009 levouse a cabo unha reparación da ponte, entre outras reparacións, cabe destacar a reconstrución do tallamar e o esporón con mampostería esquistosa e renovouse un deteriorado pavimento cun novo, realizado con pezas de pizarra dispostas de canto (chapacuña), sobre unha base de formigón en masa. No medio da ponte, xusto no alombado, entre o pretil, hai o que semella un miliario romano. Esta pedra contén unhas inscricións e cruces gravadas.
A ponte segue en uso e por el transitan, principalmente, vehículos agrícolas. As obras remataron coa reparación e reconstrución dos pretís de fábrica existentes.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Lembran aínda hoxe algúns veciños a lenda da construción deste paso sobre o río Navia nunha paraxe de esplendorosa beleza. En certa ocasión, cando o vado era posible neste lugar cunha barca, un forte temporal azotou a comarca e provocou unha extraordinaria crecida do caudal do Navia, ata o extremo de convertir en empeño imposible intentar cruza-lo río. Unha campesiña, urxida a saír da casa co seu fillo lactante porque estaba aqueixado de alarmantes e recurrentes febres,  acercouse á ribeira e alí dispúxose a implorar axuda do ceo, cando se lle apareceu o diaño. Preguntoulle o diaño á desesperada nai que estaría disposta a dar en troques pra cruzar o perigoso río e a muller, por salvar a vida do seu enfebrecido cativo, respostoulle que o que lle pidise. O diaño, ben se sabe,  cobrouse a súa ialma e a cambio obrou o sortilexio que deixou para a posteridade.                                                                                                               

     Hai outra lenda dun mozo que vivía na marxe esquerda do río namorado dunha rapaza moi fermosa pero que vivía na marxe dereita.  Como non tiñan medios para cruzalo e así xuntarse, pactaron co diaño a construción dunha ponte a cambio de darlle a este o primeiro ser vivo que nacera na casa da parella. Axiña celebrouse a boda dos namorados e a moza quedou embarazada o pouco tempo. Namentras, o diaño facía o imposible para que non nacera ningún animal, asegurándose así, que o primeiro ser vivo nacido na casa fora o neno que esperaban. Co que non contaba o diaño foi coa palleira da casa, xa que o destino quixo que nacera unha camada de gatiños (de ahí ven a palabra gatín). Entón o home colleu o primeiro gatiño nacido e levoullo o diaño a Ponte onde llelo entregou, burlando así deste xeito o fatal destino que lles tiña preparado.          

          


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.eicduran.com/es/ingenieria_civil_historica/puente…
http://www.fotolog.com/saudade_do_mundo/63504873
http://www.rios-galegos.com/sex4444.htm
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/BECERREA/documents/0563CA004.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.86083499882719
Lonxitude: -7.102392911911011
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84