Outra fotografía:

Tipo de ben: Ponte,
Concello: Baiona / Nigrán
Parroquia: A Ramallosa (S. Pedro)/Sabarís (Sta. Cristina)
Lugar: A Ramallosa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

A ponte da Ramallosa é unha construción románica sobre o río Miñor que une as parroquias da Ramallosa (Nigrán) e Sabarís (Baiona).

Construída durante o século XIII, é moi probable que sustituise a outra ponte de orixe romana xa que se atopa no trazado da vía romana XX (per locca maritima) do Itinerario de Antonino. Trátase a hipótese de que o seu promotor fose o frade dominico Pedro González Telmo (San Telmo).

A ponte, de 36 m, ten 10 arcos, algúns levemente apuntados e outros de medio punto, con luces de entre 3 e 5,5 m. Os piares teñen un espesor bastante uniforme, próximos aos 5 m e están provistos de tallamares situados a ambos os dous lados. Estes preséntanse apuntados e de planta triangular, formando uns apartadoiros ao nivel da calzada. Ten un perfil lixeiramente alombado cunha suave pendente. A calzada está pavimentada con lousas irregulares de pedra. A anchura entre os peitorís varía entre 3,17 e 3,37 m. O peitoril actual é baixo, formado por una sola fiada de cachotes.

No medio da ponte érguese un pequeno altar cun cruceiro cunha imaxe de San Telmo e unha escena dunhas ánimas queimándose no purgatorio.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:

A ponte está vinculada á celebración de ritos relacionados coa fertilidade. Segundo a tradición, a muller infértil debía esperar ao primeiro home que cruzase a ponte durante a noite. Este, entón debía verter sobre o  ventre da muller auga do río e converterse no padriño do futuro fillo.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BAIONA/documents/0712CA001.pdf
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/NIGRAN/documents/0844CA001.pdf
(pax. 165)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1155108253
Lonxitude: -8.81260156631
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84