Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Ordes (comarca) / Trazo
Parroquia: Xavestre
Lugar: Merelle
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Fortificación da Idade do Ferro ubicada nunha espectacular posición sobre o canón do río Tambre que divide os concellos de Santiago de Compostela, Trazo e Val do Dubra. O castro componse de tres recintos concéntricos, que presentan murallas na área naturalmente menos defendida -a Leste-. A muralla da croa e a inmediatamente inferior son de mampostería, e a vexetación impide determinar a composición da muralla máis exterior, que tamén forma un aterrazamento máis amplo. A croa foi empregada tradicionalmente como canteira, xa abandonada, pero non se aprecia cachote de ningún tipo nin restos en superficie de estruturas habitacionais, malia a súa aparente distancia dos puntos habitados que podería suxerir unha mellor visibilidade destes elementos.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA 15086016
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

O castro sufriu unha afección recente coa prantación de eucaliptos no sector norte do castro, entre a última muralla exterior e a intermedia. O sistema de prantación, con suco, remexeu o solo destas terrazas. Polo demáis, a súa distancia con respecto a núcleos habitacionais e as dificultades para a plantación forestal parecen protexelo.


Onde está localizado

Latitude: 42.9768331087
Lonxitude: -8.57060194016
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84