Outra fotografía:

Tipo de ben: Ponte,
Concello: Carballo / Coristanco
Parroquia: Carballo (San Xoán) Oca (San Martiño)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben: Ponte da Revolta
Cronoloxía: Época Romana,
Descrición:

Ponte de 2,60 m. de ancho, sendo a súa altura máxima de 5,40 m. e unha lonxitude total de 40 m., situada entre os términos municipais de Carballo e Coristanco atravesando o río Rosendo, afluente do Anllóns, e servindo de nexo de unión entre estos dous concellos.

Existe toda unha controversia en torno a se a ponte é da idade moderna ou se, como defende Carré Aldao, foi construida xa na época dos romanos. O máis normal é defender esta última teoría, xa que conta, dende o punto de vista construtivo e historiográfico, con moitísimos elementos que a sustentan.
Dende o punto de vista historiográfico, deféndese a creación desta ponte en torno ao século I – II d.C. como elemento viario pertencente ao tramo secundario bergantiñán da denominada vía XX ou “Per Loca Marítima” que atravesaría a costa noroccidental galega, comunicando as sedes conventuais de Bracara Augusta (actual Braga) e Astúrica (Actual Astorga). Esta información sabémola a través do testimonio que nos aportan as fontes epigráficas do Itinerario Antonino e o Itinerario de Barro.
Dende o punto de vista construtivo, tomando como referencia as comunicacións sobre este tema do enxeñeiro de camiños e profesor da universidade coruñesa Manuel Durán Fuentes, existen unha serie de elementos definitorios en Ponte Lubiáns que nos fan pensar que, efectivamente, se debería datar na época dos romanos.
Entre estes elementos que definen o tipo construtivo das pontes romanas, que lle atribuimos a Ponte Lubiáns, compre salientar en primeiro lugar, o tipo de arcos que o compoñen. Este tipo de arcos son os de medio punto, que son os que predominan nas pontes romanas. Ponte Lubiáns contaba con cinco, pero hoxe en día so son visibles catro, xa que na época moderna adheriúselle un contraforte nun dos seus extremos (http://goo.gl/h9xxi).
En segundo lugar, outro elemento que nos fai pensar que esta ponte é de época romana é o tipo de sistema construtivo. En Ponte Lubiáns atopamos dous tipo de sistemas, que se corresponderían con duas etapas de creación e remodelación da ponte. Por unha parte, observamos un sistema constructivo na zona das bóvedas, arcos, cimientos e plataformas, de grandes sillares de granito perfectamente labrados en cubos e imbricados por sistema de pancas. Este tipo de sistema é propio das construcións das pontes romanas (http://goo.gl/V5Tr0 / http://goo.gl/buP0u / http://goo.gl/wu7bF).
Por outra parte atopamos un sistema construtivo, completamente diferenciado do anterior, sustentado sobre o sustrato de época romana, no que se observa un tipo de construción ciclópeo no que se empregan diversos tipos de rochas de diversas formas e tamaños. Este sistema construtivo correspóndese cunha etapa de remodelación da ponte, que para moitos especialistas poido darse na época moderna (en torno ao século XVI) e que se aprecia moi facilmente na parte superior dos arcos e no firme viario da ponte (http://goo.gl/V5Tr0 / http://goo.gl/8wwG8).
Outro elemento que nos permite adscribir esta ponte á época romana é o denominado “Tallamar” (http://goo.gl/HrfXx / http://goo.gl/vYurf) que é o elemento afiado que se observa no lateral da ponte e que sirve para distribuír equitativamente as correntes do río entre os diversos arcos que compoñen a ponte. Este “tallamar” ten elementos puramente romanos como o tipo de altura e forma de construción.
O elemento construtivo de maior controversia e da plataforma en dobre pendente fronte á horizontalidade da maioría das pontes de época romana. Este punto é facil de aclarar xa que por un lado debemos adscribir, novamente, este problema da dobre pendente á época de remodelación; e por outra parte, debemos aclarar que hai pontes romanas que teñen este tipo de plataforma como por exemplo a ponte de Mérida ou a de Pont Julien en Bonnieux (Francia).


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

DURÁN FUENTES, Manuel: “Técnica y construcción de puentes romanos” [Las obras públicas romanas] Tarragona (2004): http://www.legionvii.com/reportajes/reportajes/puentes06.pdf

FRANCO MASIDE, Rosa María: La vía Per Loca Marítima: un estudio sobre vías romanas en la mitad noroccidental de Galicia (2001).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Non está señalizado. A forma de chegar é a seguinte: saíndo do pobo de Carballo en dirección a Fisterra pola AC-552, tras pasar unha fábrica abandonada e antes de pasar baixo a ponte da autopista, en torno ao Km 33-34, atopamos unha entrada asfaltada á esquerda que nos conduce cara o lugar da Igrexa, séguese a estrada todo reto ata chegar á ponte.


Onde está localizado

Latitude: 43.197554438
Lonxitude: -8.71127307415
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84