Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Gondomar
Parroquia: Morgadáns (Santiago)
Lugar: A Pedra
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Neste lugar existía unha igrexa xa no ano 1145. A actual rematou de construírse no século XIX.
Ten unha nave e ábsida de planta rectangular cunha sancristía e unha capela adosadas no lado norte. A ábsida é máis elevada que o resto da edificación. A nave divídese en catro tramos diferenciados por arcos faixóns apoiados en pilastras. A bóveda da nave é de pedra en forma de medio canón. Os arcos faixóns que a sosteñen apoian en pilastras sen outra ornamentación. Na ábsida ten bóveda de aresta apoiada nun arco toral de medio punto. A bóveda da sancristía tamén e de canón.
A fachada occidental presenta unha rúa central que se simula por un dosel que apoia en dúas ménsulas e cobre a porta alintelada. Nos estremos cérrase por pilastras que se coroan con pináculos. A porta de entrada ten lintel plano e recercado de xambas, enmochetado e derrame nas caras interiores. Enriba do dosel da porta unha ventá recercada e con derrame ao exterior, e, seguindo o mesmo eixe da fachada, un reloxo redondo enmarcado pola mesma moldura do remate da fachada. Remátase cunha cornixa cóncavo-convexa e espadana de dobre corpo cerrada por balaustrada perimetral de granito. No primeiro corpo ten dous ollos de medio punto e molduras. No segundo, un só oco, pináculos a ambos lados e remate en frontón triangular.
Na actualidade ten tres retablos. O maior ocupa todo o fondo da ábsida. Na rúa central unha gran caixa con arco de medio punto acolle o Calvario, con Cristo na Cruz e a Dolorosa. Nas laterais, sobre peañas, dúas fermosas imaxes: á dereita o Patrón Santiago Apóstolo, sentado e con bordón e libro, e á esquerda a Inmaculada. Na nave, xunto ao arco triunfal están os outros dous, dispares entre si: un dedicado ao Sagrado Corazón e o outro á Virxe do Carme.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

De todos eles o mellor e o do Sagrado Corazón, que é barroco moi sinxelo, pero con bos estípites.
A imaxinería que hai na igrexa é boa, probablemente de outros retablos xa desaparecidos. Son de destacar, ademais do Patrón (do século XVII), S. Amaro e S. Bieito, hoxe en día na repisa do ático do retablo do Sagrado Corazón, e S. Pedro.

Aos pés do muro que pecha o primitivo cemiterio polo lateral de nacente, consérvanse restos de tres laudas procedentes do desaparecido cemiterio medieval. Unha delas cunha cruz de Malta inscrita nun círculo gravada nunha das caras.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GONDOMAR/documents/0788CA004.pdf (P. 5)

BIBLIOGRAFÍA
SOLIÑO TRONCOSO, Antonio (2018). Percorridos polo patrimonio cultural da vila e concello de Gondomar de Miñor. Ed: IEM – Instituto de Estudos Miñoráns


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.11034151049
Lonxitude: -8.7239223718643
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84