
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Outes
Parroquia: Cando (San Tirso)
Lugar: Toxeira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
O cruceiro está ao lado da estrada da aldea, pero nunha finca privada despois de ser apartado do cruce de camiños no que estaba orixinalmente. Ten unha plataforma de tres chanzos de base cadrada. O pedestal tamén de base cadrada e uns 30 cm. de alto con remate troncopiramidal. Leva una inscrición que pón : A DEVOCIÓN DE JUAN MAYO Y SU FAMILIA.
O varal é de base cadrada ata os 57 cm.; as súas caras están refundidas con forma redondeada. Unha moldura dá paso a un fuste liso que acaba noutra circular cinguida por un aro de ferro que separa o fuste do capitel. Está este decorado con rostros en cada cara e volutas sobre follas nas esquinas. A cruz é cilíndrica, con nós nos brazos. Leva por diante un Cristo, desgastado pola erosión, baixo cartela coas letras INRI case ilexible. Pola reverso vai a Inmaculada sobre peana que parece levar gravadas unhas letras de difícil lectura.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Mariño Reino, Xoán. Patrimonio-Histórico Artístico de Outes, Volume I, Tórculo Edicións Santiago 1998. Concello de Outes, ISBN: 84-8408-003-X (pax 109)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OUTES/documents/27506CA019.pdf (pax 5 de 6)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.8314114909Lonxitude: -8.87761831284
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84