Outra fotografía:

Tipo de ben: Institucións culturais (museos, arquivos, centros educativos...),
Concello: Santiago de Compostela
Parroquia: Santiago de Compostela
Lugar: Santiago de Compostela
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Está feito sobre o que foran os pavillóns do Burgo das Nacións realizados en 1964 polo mesmo arquitecto Julio Cano Lasso, que tamén deseñou o actual Auditorio de Galicia. O edificio está destinado a dotar a Santiago dun edificio capaz de desenvolver unha programación musical e expositiva de alto nivel. Proxectouse cunha serie de rexos volumes de pedra co contrapunto de panos de vidro horizontais con particións brancas e miúdas que nos recordan a tradición das galerías. Está porticado por un dos seus lados que dan a unha praza servindo de antesala exterior do edificio. Tralo sobrio pórtico elévase o gran volume prismático do tear da maquinaria escénica da sala principal. Este volume cego e totalmente forrado por un muro de sillería de granito é a referencia visual do edificio dende os lugares desde onde este é visible. O rego que hai diante del serve para crear unha lámina de auga na parte traseira do edificio e que forma parte do Parque da Música, ao que se abren as galerías do restaurante que vai voada sobre a auga, ofrecendo unha fermosa vista do parque e da cidade histórica.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Web
http://www.auditoriodegalicia.org/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8895165971527
Lonxitude: -8.544573783874512
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84