Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Gondomar
Parroquia: Donas (Santa Baia)
Lugar: San Cibrán
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

O cruceiro ten unha plataforma de catro chanzos de base circular. O pedestal tamén é de base circular coas arestas rematadas.
O varal é de forma cilíndrica.
O capitel é circular moldurado. A cruz é cadrada. Leva por diante un Cristo. Polo reverso vai a Inmaculada sobre unha peana con forma de cara.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:

“Ata el chega a procesión de Corpus Christi. Ese mesmo día ante este, dende hai aproximadamente uns dez anos, realízase unha alfombra floral co fin de embelecer a cerimonia. Tamén o rodean as procesións realizadas na honra da Virxe da Concepción, no mes de Maio, e na honra a San Cibrán, no mes de Setembro.
En relación con este cruceiro temos dous relatos de “sinais antes de morrer” ou “morte prevista”, que nos foron contadas por quen as xentes do rural chaman “un corpo aberto”. O primeiro deles narráronnolo do seguinte xeito:

Tocaba regar nas leiras que tiñamos á outra banda da ermida. Carguei o legón ao lombo -di Consuelo- e empecei a camiñar cara a elas, pero ao chegar á altura do cruceiro alguén, polas costas, empezou a tirarme do blusón. Dei a volta e non encontrei a ninguén. Continuei camiñando pero seguia a notarme presa. Entón sinto como dentro do peito se me acelera o corazon, volvo mirar tras min e sigo a non atopar quen me prende. Chego á altura da ermida cando o medo Me tina a punto do desfalecemento. Pásoa e sóltanme. Unha vez rematadas as tarefas da rega, e ainda un pouco asustada, volvo con paso rápido á casa. Ao dia seguinte erguinme cedo e, cando ía polo carreiro a outra leira mais pequenota, ao cruzarme cunhas mulleres coñecidas do meu barrio contáronme que a noitina pasada morrera o vecino Manuel da Xesteira. Non puido comigo e levouno a el.

Segundo relato, relativo a un acontecemento sucedido, di, hai máis de cincuenta anos:

Era noite, Consuelo xa estaba na cama. Andaban con arranxos na casa e o tabique de madeira que separaba o seu cuarto da sala ainda no tiña colocada a porta. Sucedialle o mesmo ao cuarto da súa nai, que, colocado a carón deste, tamén miraba para a sala.
De súpeto Consuelo non dá crédito ao que mira na sala, resiste un anaco ata perdelo de vista e angustiada xeme:
Madre, ¡temos un home na casa!
Si filla, durme; tamén eu o mirei – contesta a nai dende o cuarto veciño.
Acababan de ver un home de aspecto seco e cor pálida, traxado e con sombreiro na cabeza, cruzando con paso lento a sala.
Aos poucos dias chegáronlles noticias de que o tío Delfino, irmán da nai, ao que esta non chegara a coñecer persoalmeNte, morrera ese mesmo dia en Montevideo.

Principal fonte oral: Consuelo Bouzada (76 anos), de San Cibrán”.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
https://cruceirosdegalicia.xyz/3602104.html

BIBLIOGRAFÍA
SOLIÑO TRONCOSO, Antonio e PÉREZ GONZÁLEZ, María Xosé (2020). Arquitectura de intermediación. Cruceiros e pétos de ánimas. Caderno de Etnografía. Ed: Instituto de Estudos Miñoráns -IEM-.
SOLIÑO TRONCOSO, Antonio e PÉREZ GONZÁLEZ, María Xosé (2019). Arquitectura de intermediación no val de Miñor. Cruceiros e Petos de ánimas. Instituto de Estudos Miñoranos.
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÁ NÚÑEZ, Estanislao. (2013). Cruces, cruceiros e petos de Gondomar. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE).
SOLIÑO TRONCOSO, Antonio (2018). Percorridos polo patrimonio cultural da vila e concello de Gondomar de Miñor. Ed: IEM – Instituto de Estudos Miñoráns
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA FRAGA, Salvador (2004). Cruceros de Val Miñor y Sta. María de Oia. Ed: Diputación Provincial de Pontevedra.
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA FRAGA, Salvador (1995). Historia da comarca do Val Miñor (Baiona – Nigrán e Gondomar). Ed: Asociación galega para a cultura e a ecoloxía (AGCE)
SOLIÑO TRONCOSO, Manuel, MOSQUERA VELEIRO, José Luis, SOLIÑO TRONCOSO, Alfonso e SOLIÑO TRONCOSO, Antonio (1995). Gondomar. Historia, Arte e Territorio. Ed: IR INDO


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.078560266414
Lonxitude: -8.7931394577026
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84