Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Mesía
Parroquia: San Martiño de Visantoña
Lugar: Visantoña
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro de tipo De Crucifixo con plataforma cadrangular de dous chanzos tendo nun deles unha inscrición gravada. O pedestal é circular con remate moldurado. O varal é circular empezando en cadrado e leva un capitel toscano que está roto pola cara do reverso da cruz. A cruz é rectangular cos brazos achafranados e remates de forma potenzada. Polo anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans pechadas. Inclina a cabeza cara adiante lixeiramente á dereita e non leva coroa de espiñas. Ten unha cartela coas siglas INRI. Ten seu pano de pureza sen nós. Polo reverso da cruz fica a Dorosa sobre unha peaña e coas mans en cruz sobre o peito e cunha espada cravada. O cruceiro é todo de granito cun estado regular de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Nestes momento tal como ten o capitel podería en calquer momento caela cruz pola banda do reverso facéndose anacos. Deberíase arranxalo capitel dalgunha forma para que non aconteza o inevitabel.


Onde está localizado

Latitude: 43.13462509702565
Lonxitude: -8.30181509256363
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84