Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Mesía
Parroquia: San Cristovo de Mesía
Lugar: Monte das Medorras
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Para chegar ao Castro de Mesía tamén coñecido polas Medorras, partimos da igrexa de san Cristovo cara o lugar das Castiñeiras e xiramos a esquerda ata chegar a un cruce onde paramos e miramos a nosa esquerda, ollando xa a súa defensa pola parte norte.
Situado no medio dunha arboreda entre terreos de labradío, este castro sitúase a unha altura duns 400 metros sobre o nivel do mar. O castro ten unha figura cáseque circular cunhas medidas de Norte a Sur duns 105 metros e de Leste a Oeste duns 115 metros. Abarca unha superficie máis ou menos duns 9000 metros cadrados e o seu acceso está pola parte Leste.
Está cinguido por un parapeto duns 3 ou 4 metros de altura polo exterior e polo interior, unha suave pendente dun metro ou metro e medio. No interior do castro está aproveitado para labores de labradío aínda que se ollan algunhas árbores en distintos sitios.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.11989042452208
Lonxitude: -8.27495813369751
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84