Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Ames
Parroquia: Tapia (San Cristovo)
Lugar: Frenza
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A igrexa está situada nun lugar alto da aldea de Frenza desde onde se ten unha boa vista do entorno do val e o río Tambre. A igrexa datada no 1778 é de planta rectangular e teito a dúas augas. Está feita de cadeirado regularizado de granito en todos os seus muros. De fachada case desprovista de adornos e con porta alintelada e con estrías. No medio vai un van cadrado para dar luz ao interior. Porta e van están nun rebaixe do muro que lle fan de marco. Dúas pilastras percorren os costados da fachada ata a parte superior e remata nos cumes con cornixa moldurada e pináculos. No medio, un adorno de placas da paso á base do campanario, de forma cilíndrica e rematado en pequena cúpula con volutas e un pináculo no cume. Ten catro ocos rematados en arco de medio punto onde se asentan as campás.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/AMES/documents/0023CA009.pdf (pax. 1)
Web Concello Ames de Arquitectura relixiosa
http://www.concellodeames.org/areas_turismo_e_patrimonio_arquitectura_relixiosa.php?idioma=gl


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.924911674551225
Lonxitude: -8.652141094207764
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84