
Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Xunqueira de Ambía
Parroquia: Xunqueira de Ambía (Santa María a Real)
Lugar: A Siota
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Pequena capela construída no ano 1905 en sillaría de granito, de unha soa nave de planta rectangular.
Cuberta a dúas augas, reformada recentemente, no fronte porta de entrada adintelada, dúas fiestras nos lados, na cima molduras decorativas e pináculos nos extremos, no cumio espadana de un só oco, con pequeno campanil, pináculos nos laterais e cruz de pedra na cima.
No muro lateral esquerdo, apreciase unha fiestra xeminada procedente de construcións anteriores, ademais de outras pedras con algunha gravura.
Ademais na parede posterior aparece unha ara romana citada nun documento de principios do século XI,é moldurada e foi reutilizada e mutilada, ademais de repicar a inscrición.
Adicada a Xúpiter, pódese ler: IOM/Valer(us F)/lavius F/lavinus/USLM. (Información: Xabier Moure)
Rodeada por un adro pechado por un muro baixo de mampostería, con asento de pedra no interior.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.panoramio.com/photo/75825593
http://www.panoramio.com/photo/75825611
http://www.panoramio.com/photo/75825562
http://www.panoramio.com/photo/75825514
http://www.panoramio.com/photo/75825463
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/XUNQUEIRADEAMBIA/documents/25651ca017.pdf (P.7)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.19471687859141Lonxitude: -7.73949265480041
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84