Outra fotografía:

Tipo de ben: Asentamento,
Concello: Xunqueira de Ambía
Parroquia: Abeleda (San Vicente)
Lugar: A Medorra
Outra denominación do ben: A Chaira
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Recinto fortificado que xa no ano 1150 existen noticias no arquivo da colexiata de Xunqueira de Ambía.
Atopase asentado en un outeiro moi erosionado de formación pizarrosa.
Presenta planta ovalada con dous recintos amurallados: unha croa defendida por un parapeto perimetral á que se lle acopla unha segunda plataforma que a envolve todo o redor defendida por dous foxos e dous parapetos, interrumpíndose no nw deixando paso a entrada principal.
O castro presenta unhas dimensións de 240m no eixe NW-SE e uns 170m no eixe SW-NE, a unha altitude de 678 m.
Situado entre a Abeleda e Casasoá, preto da disecada Lagoa da Antela.
Apareceron anacos cerámicos lisos e tégulas. Domínase unha ampla panorámica.
Citado nun documento do século XII do mosteiro de Xunqueira de Ambía: “…ad castrum de Medorra…”.
A espesa matogueira impide ver se no interior se observan outro tipo de estruturas.
Información: Xabier Moure


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Segundo a lenda hai unha cova cun becerro de ouro encantado, e para desencantalo hai que entrar co libro dos Evanxeos.
Outra lenda di que certos días aparecese unha moza con cabelo moi longo e negro.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/XUNQUEIRADEAMBIA/documents/25651ca025.pdf
http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/castros-de-galiza-ii.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.16904552291676
Lonxitude: -7.70460784435272
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84