Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: Mesía / Ordes (comarca)
Parroquia: Bascoi (Santiago)
Lugar: A Pobra
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Situado nun lugar estratéxico, nunha elevación na ribeira do río Samo. Carré Aldao escribiu que no século pasado aínda se podía ver o lintel de entrada da Torre da Homenaxe. Este fora construído por Gonzalo Díaz de Mesía e pasaría máis tarde a mans de Gómez Pérez das Mariñas entre outros. Nas Revoltas Irmandiñas do ano 1467, derrubarían o castelo, logo a loita seguiría cando o Arcebispo de Santiago, Alonso de Fonseca e Gómez da Mariñas manteñen un conflito pola titularidade do castelo.
O castelo conserva parte das defensas externas de cachotería, de forma cáseque circular tendente ó ovalo, e que chegan a medir preto de tres metros de grosor. O conxunto, situado nun outeiro, está cinguido por un profundo foxo defensivo e por unha poderosa pendente que remata nas ribeiras do rio Samo. Consérvanse distintos muros divisorios e, nun dos estremos pódese ver a planta cadrada do que sería a Torre da Homenaxe e que conserva os ocos dunha xanela, na parte que mira cara ó río, hai dúas seteiras con amplo derrame interior que miden de alto uns dous metros. Dende o cercado pola parte do río hai uns muros a modo de pasadizo duns dous metros de alto e que conserva unhas escaleiras que dan ó río e que servían para ir a por auga ou mesmo como vía de escape.
Segundo o pleito Tabera-Fonseca, “reedificouse a Torre da Homenaxe porque tan só estaba a metade dela, rebocouse toda á redonda de cal e fíxose un cuartiño á parte da torre a man esquerda e un aposentamento á man dereita. Tamén se repararon a varvacana na súa totalidade e levantáronse os adarves remendando outras moitas cousas”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA15047014
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:

A lenda da Infanta de Mesía conta como a dona do castelo, namorada dun trobador, decatouse de que este entendíase cunha doncela do seu séquito. Así encargoulle, despeitada, a un parente que lle entregase a cabeza da traidora. A historia remata coa sorpresa desagradable da cabeza decapitada da filla da dona do castelo.

Outra lenda di que sendo dono do castelo os Churruchaos, ao arzobispo de Santiago gustáballe a filla deste e fixo que a prenderan para levala co arzobispo. O pai da moza cheo de ira colleu un día nunha rúa de Santiago o arcebispo por sorpresa e cravoulle un coitelo causándolle a morte e sendo axusticiado logo o pai da moza polo feito acaecido.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA
– BOGA MOSCOSO, R.: “Guía dos castelos medievais de Galicia”, Edicións Xerais, xullo do 2003.
– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Tordoia e Trazo”. Vol.XV, Deputación Provincial da Coruña, 1997.
– RODRIGUEZ GONZALEZ, A.: “Las fortalezas de la mitra compostelana y los “Irmandiños””. Volumenes I y II. Colección “Galicia histórica”, Fundación “Pedro Barrie de la Maza”.1984.

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MESIA/documents/27722ca003.PDF (Pax. 4)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MESIA/documents/27722ca002.PDF (Pax. 14)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.1179423711
Lonxitude: -8.24263751507
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84