Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Betanzos
Parroquia: Santa María de Pontellas
Lugar: Illobre
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

O Pazo de Illobre presenta unha planta rectangular cunha torre que sobresae nunha das esquinas, o que fai que se aproxime a unha planta en L, e que posúa certa irregularidade no trazado das súas fachadas.
A torre, que destaca notablemente en altura, foi construída no século XVI, e pasou por sucesivas remodelacións, que foron cambiando o seu aspecto inicial. O mesmo acontece con outras ornamentacións de cemento engadidas a principios de século, tanto nos muros do edificio, como noutros lugares da finca.
A súa situación é privilexiada, nun alto que domina a contorna, dende o que se ve Betanzos. Posúe unha finca de 1 Ha, entre as murallas, aínda que a propiedade é moito maior, estendéndose a unhas 15 Ha.
Como elemento de interese, cabe salientar, dentro da finca, un xardín con paseo emparrado e detalles de cantería.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Abegondo, Betanzos, Irixoa, Miño, Paderne e Vilarmaior”. Vol. VII, Deputación Provincial da Coruña, 1997.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.29019766855043
Lonxitude: -8.227965831756591
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84