Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Negreira
Parroquia: Portor (Santa María)
Lugar: Portor
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Século XIX,
Descrición:
A igrexa foi construída no século XII e sufriu reformas noutras épocas. A fachada da Torre segundo se pode ler nos perpiaños do muro foi feita no 1858. Os muros son de cadeirado e cachotería de granito e o teito vai a dúas augas cuberto con tella do país. Dúas liñas dividen a fachada en tres corpos, o central coa porta alintelada e unha fornela coa imaxe da Virxe encima e cunha ventá cadrada para dar luz ao interior. Remata este corpo en cornixa saínte e redondeada, que segue nos outros dous en sentido horizontal, e unha cruz no cume. No corpo esquerdo vai a torre do campanario que arranca con base cadrada e despois da cornixa outro corpo con ocos rematados en arco de medio punto onde van as campás. Enriba deste, outro octogonal con vans rematados en arco dan paso a unha cúpula rematada en pináculo. A parte dereita da fachada remata en forma de pirámide. No que foi a obra románica pódense ver os adornos característicos deste estilo, sobre todo en portas e cornixas do teito, como canzorros con motivos xeométricos, e arcadas cegas nos muros.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/NEGREIRA/documents/0245CA004.pdf ( 14 de 23 )
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.9138295692011Lonxitude: -8.69740605354309
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84