Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Mesía
Parroquia: San Cristovo de Mesía
Lugar: A Pobra de Mesía
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

A súa estrutura arquitectónica é de planta rectangular dunha soa nave. Os muros son de cachotería pizarrosa agás os vans da porta de entrada e a maioría das pezas dos esquinais que son de granito. O teito é a dúas augas con teito de uralita.
A fachada e moi sinxela e nun imaxinario eixo central, que discorre dende a base ata o vértice da cornixa, superpóñense os principais elementos: porta rectangular e alintelada, unha pedra armeira dos Fonseca coa Mitra coroando o escudo, un pequeno van de luz rectangular e unha espadana de dous corpos, no primeiro onde vai o oco da campá composto por un arco de medio punto e no segundo corpo, un frontón oco triangular flanqueado por pináculos rematados en bóla e coroando o frontón, unha cruz de pedra.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.116682466285724
Lonxitude: -8.243212848901748
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84