Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Ancares (comarca) / Baralla
Parroquia: Arroxo
Lugar: Quintela
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Situado a 606 metros de altitude sobre o nivel do mar, no lugar coñecido como Monte do Vilar, preto do regueiro de Quintela.
Atópase ao pasar o cruce que sobe á poboación de Quintela, á dereita da estrada que vai a Vilachambre e Guimarei. Practicamente circular, ten unhas medidas aproximadas de 400 metros de diámetro. Defendido en toda a contorna por un parapeito e terrapléns cubertos na actualidade por árbores e mesta matogueira. O interior do recinto adicouse a labores agrícolas. Apareceu, ao menos, un muíño naviforme.
Dise que na croa hai unha cova abeirada por dúas pedras chantadas en forma de porta en cuxos muros interiores hai unhas pinturas. Segundo a lenda, os mouros habitaban en covas construídas baixo o castro onde agochan un tesouro e que para contentalos os veciños levábanlle alimentos. Tamén había un pozo, hoxe cegado, onde acostumaban botar unha aguillada para comprobar a súa profundidade.
No ano 2008, os veciños denunciaron publicamente e presentaron alegacións contra o trazado da liña eléctrica proxectada por Fenosa que, ademais doutros bens de interese patrimonial, afectarían ao castro e á cercana vila romana de Quintela.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: ForestalAgrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://arqueoancares.blogspot.com.es/2011/01/mamoas-e-castros-do-concello-de-baralla.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.9126548513472
Lonxitude: -7.25947380065918
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84