Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Ancares (comarca) / Baralla
Parroquia: Vilartelín
Lugar: Santa Marta
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Situado nunha penichaira, a media ladeira do monte. Presenta forma elíptica, cunhas medidas aproximadas de 160 x 75 metros no recinto principal, arrodeado por unha muralla de pedra e de terra e pedras en todo o seu perímetro que pola parte interior acada nalgúns tramos os dous metros de altura. Polo NO apréciase un antecastro protexido por un parapeito de terra e pedras. A mesta matogueira que o inza e as árbores impiden ver se no interior hai algún tipo de elementos construtivos. Afectado por explotacións agrícolas, un camiño de carro que o semicircunda e unha fábrica adicada á preparación de lousa.
Contáronme que no interior do castro hai un lugar que chaman O Tesouro que, segundo a lenda, hai soterradas barras de ouro.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: ForestalAgrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://arqueoancares.blogspot.com.es/2011/01/mamoas-e-castros-do-concello-de-baralla.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.897676218441056
Lonxitude: -7.295490503311157
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84