Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Ancares (comarca) / Baralla
Parroquia: Pedrafita de Camporredondo
Lugar: Pedrafita
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

A 702 metros de altitude sobre o nivel do mar.
De forma ovoidal, ten unhas medidas aproximadas de 125 metros no eixo maior e 100 metros no menor. Orixinariamente estaba defendido en todo o seu perímetro por muralla e terraplén; na actualidade, por mor da actuación humana, perdeu o parapeito polo oeste. No sur do recinto elévase unha pequena croa protexida por unha muralla terreira. Tamén polo sur semella que estaría a entrada ao castro. Ata non hai moitos anos, o interior adicábase a sementar o pan. Nas inmediacións hai dúas fontes.
Segundo a lenda, un home, ao arar a terra, atopou unha ola que baleirou por crer que dentro só había incienso. Mais, cando o po se esparexeu, viu que brillaba: era ouro.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://arqueoancares.blogspot.com.es/2011/01/mamoas-e-castros-do-concello-de-baralla.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.95727053600745
Lonxitude: -7.208147048950195
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84