Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Ancares (comarca) / Becerreá
Parroquia: Cereixal, O (San Xosé)
Lugar: Os Lagorzos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:

Necrópole formada por dúas mámoas situadas á beira da estrada local a Louxas, na cima dun cordal montañoso dende o que se divisaba unha ampla panorámica, hoxe en día cegada pola repoboación forestal. Os túmulos están moi alterados xa que no lugar levantáronse unhas antenas de televisión e de telefonía cos seus respectivos accesos e infraestruturas.
A mámoa número 1 ten unhas medidas de 20 metros de diámetro e pouco máis dun metro de altura. O segundo túmulo mide uns 18 metros de diámetro e un metro de altura. Non se aprecian restos de cámara e presentan cono de violación.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: ForestalInfraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://arqueoancares.blogspot.com.es/2011/01/mamoas-e-castros-do-concello-de_3140.html
PXOM do Concello de Becerreá


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.87675348206081
Lonxitude: -7.166862487792969
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84