Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Ancares (comarca) / Becerreá
Parroquia: Cruzul
Lugar: Vilar de Ousón
Outra denominación do ben: Os Castros
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

A 599 metros de altitude sobre o nivel do mar.
O xacemento atópase na media ladeira dun monte coñecido como Os Castros. O río Narón discorre aos seus pés. Cómpre clarexar que as árbores (algunhas centenarias, como un carballo de case catro metros de diámetro), os arbustos e a mesta matogueira fai moi difícil adiviñar, a simple vista, a forma e dimensións do castro que, logo de percorrelo, denuncia unha planta elíptica cunhas medidas aproximadas duns 120 metros no eixo máis longo e de 8o metros no menor. O terreo foi utilizado ata non hai moitos anos para labores agrícolas e forestais o que ocasionou unha forte alteración nas súas estruturas habitacionais e defensivas (reutilización das pedras do castro para pechar herdades, construción de muros e valados, camiños, remoción de terras, etc.).
Malia o anterior, o asentamento presenta restos de potentes murallas pétreas na parte oeste, a máis vulnerable, nalgúns tramos de case dous metros de ancho (o seu reaproveitamento posterior impide saber a altura) e foxos. A croa estaba delimitada por unhas penedas ciclópeas e pode que por unha muralla.
Canto ás estruturas habitacionais, ata o de agora só localicei os restos de tres vivendas, en dúas das cales se aprecia perfectamente a súa forma circular. Na cara sur pódese ver un antecastro protexido por un foxo e unha muralla terreira. Cara o río hai varios aterrazamentos onde, segundo me contaron, apareceron nos anos setenta do pasado século dúas tumbas rectangulares feitas con laxes e cuberta con pranchas de lousa que acubillaban esqueletos humanos en bo estado de conservación. Segundo as referencias, podería tratarse de tumbas de inhumación de época romana. Preto do río atopei un fragmento de tégula.
Un veciño de Vilar de Ousón contoume que tiña visto algún muíño circular e unha pía. Tamén se conta que unha muller atopou unha cadea de ouro medio soterrada que se rompeu cando tirou dela; cando foron a buscar a parte que quedara no castro, non foron quen de dar con ela. Unha lenda di as pedras que hai na croa foron levadas por unha moura.
Non moi lonxe está a coñecida como Cova dos Mouros, asociada a unha lenda de fabulosos tesouros. A galería, dun metro de ancho por dous de alto, interrómpese despois duns vinte metros debido aos cascallos, provenientes dun derube, que impiden continuar.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://arqueoancares.blogspot.com.es/2011/01/mamoas-e-castros-do-concello-de_3140.html
PXOM do Concello de Becerreá


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.843090536861354
Lonxitude: -7.146477699279785
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84