Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Ancares (comarca) / Becerreá
Parroquia: Quintá de Cancelada (Santa Eulalia)
Lugar: Castel de María
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

A 704 metros de altitude sobre o nivel do mar.
Situado nun outeiro, o castro estaba defendido en case todo o seu perímetro por unha muralla de lousa e terrapléns polo N-L. A entrada debía situarse polo S-O, onde se observa unha plataforma duns 15 por 40 metros. As medidas aproximadas son de 85 metros no eixo N-S, e de 70 metros no eixo L-O.
O interior está moi humanizado polos labores agrícolas e unha capela posta baixo o padroado de Santa Apolonia. Un camiño asfaltado semicircunda toda a cara oeste do asentamento. Unhas casas, tamén pola parte oeste, estragaron parte do recinto. A muralla foi desfeita en varias zonas para acceder ás leiras que se atopan no seu interior.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://arqueoancares.blogspot.com.es/2011/01/mamoas-e-castros-do-concello-de_3140.html

PXOM do Concello de Becerreá http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/BECERREA/documents/0563CA008.pdfdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.9470365
Lonxitude: -7.1186092
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84