Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Ancares (comarca) / Becerreá
Parroquia: Tortes (San Pedro)
Lugar: Eixibrón
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

A 805 metros de altitude sobre o nivel do mar.
Podemos encadralo dentro dos considerados como castros agrícolas. O recinto principal presenta unha forma ovalada, cunhas medidas de 125 por 90 metros. Defendido por terrapléns que polo N-NL chegan a acadar os dez metros de altura. Cara o norte está defendido por unha muralla pétrea, que na actualidade apenas sobresae do chan, e polo desnivel do terreo; abundan os carballos e os piñeiros. Polo NL obsérvase un antecastro, protexido por terrapléns.
O castro está bastante alterado polos labores agrícolas e por uns camiños que destruíron parte das defensas. Por todo o xacemento pódense ver moreas de pedras, moitas das cales foron reutilizadas con posterioridade noutras construcións.
Un veciño contoume que atopou un muíño circular e outro veciño un muíño naviforme. Segundo a lenda, no interior do castro hai unha “cheminea”, hoxe en día tapada, que dá a unha cova que agocha un tesouro.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: ForestalAgrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://arqueoancares.blogspot.com.es/2011/01/mamoas-e-castros-do-concello-de_3140.html

PXOM do Concello de Becerreá
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/BECERREA/documents/0563CA008.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.83431946111772
Lonxitude: -7.177784442901611
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84