Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Ancares (comarca) / Becerreá
Parroquia: Vilachá
Lugar: Cantiz
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Castro de forma ovoidal. Presenta un recinto superior defendido por terrapléns que nalgúns tramos acadan os cinco metros de altura.
Polo oeste pódese apreciar un antecastro defendido por unha muralla. Tanto o interior deste como do recinto principal está comido polos toxos o que impede ver se hai algún tipo de estrutura habitacional. O conxunto está arrodeado por un sistema de foxos e parapetos, con tramos de lousa e terra.
Un foxo do castro está a ser utilizado como vertedoiro de lixo. Cando se levou a cabo a construción dunha pista que lambe o xacemento, as máquinas estragaron parte da muralla. Dende o lugar obsérvase unha ampla panorámica.
Uns veciños de Cantiz contáronme que non hai moitos anos uns furtivos sacarón á luz varias moedas utilizando un detector de metais.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Segundo a lenda, dende o castro sae unha galería que vai dar a un manancial situado fóra do recinto.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://arqueoancares.blogspot.com.es/2011/01/mamoas-e-castros-do-concello-de_3140.html

PXOM do Concello de Becerreá
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/BECERREA/documents/0563CA008.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.906431223378405
Lonxitude: -7.117295265197754
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84