Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Ancares (comarca) / Becerreá
Parroquia: Vilamane (Santa María)
Lugar: Vilamane
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

A 685 metros de altitude sobre o nivel do mar.
Situado nun cordal montañoso, érguese por riba da poboación de Vilamane, entre o rego do Vao de Murias e o rego da Forxa. De forma ovalada, ten unhas medidas aproximadas de 180 na parte máis longa e 100 metros na menor.
Presenta un recinto arrodeado en todo o seu perímetro por unha muralla de terra e pedras de lousa que nalgún tramo acada unha altura duns sete metros por catro de ancho. Na parte máis elevada consérvanse restos dun parapeto para o que se aproveitou a propia conformación do terreo. Un foxo circunda o castro, agás polo SO que está protexido polo desnivel do terreo.
O interior está inzado pola matogueira. A dicir dos veciños atopáronse restos cerámicos e útiles líticos sen especificar.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://arqueoancares.blogspot.com.es/2011/01/mamoas-e-castros-do-concello-de_3140.html
PXOM do Concello de Becerreá


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.919858387835106
Lonxitude: -7.10841178894043
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84