Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Ancares (comarca) / Becerreá
Parroquia: Ouselle
Lugar: Vilar de Frades
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

A 801 metros de altitude sobre o nivel do mar.
Situado sobre a poboación de Vilar de Frades, nun pequeno outeiro con afloramentos rochosos que puideron ser aproveitados como parte do sistema defensivo. A mesta vexetación só permite adiviñar a presenza de dous aterrazamentos.
Xunto o castro hai unha mina onde os rapaces acostumaban tirar pedras para escoitar o seu son ao bater coa auga. Unha lenda conta que se se araba o castro con dous bois xemelgos atopábase un xugo de ouro.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://arqueoancares.blogspot.com.es/2011/01/mamoas-e-castros-do-concello-de_3140.html
PXOM do Concello de Becerreá


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.88496431700951
Lonxitude: -7.142744064331055
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84