Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Ancares (comarca) / Becerreá
Parroquia: Ouselle
Lugar: Montaña da Agra
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

A 685 metros de altitude sobre o nivel do mar.
Atópase á dereita da estrada, nunha curva de ferradura, a medio quilómetro de Montaña da Agra. Trátase dun castro de planta ovoidal, cunhas medidas aproximadas de 120 x 90 metros, arrodeado en gran parte por un terraplén que nalgúns tramos acada os cinco metros de altura. Tamén conserva restos dunha muralla interior de lousa que na actualidade non chega ao medio metro de altura. Cara o oeste hai un afloramento rochoso que debía actuar como parapeito. Pola cara oeste pódense ver os restos dun foxo. Pola parte sur obsérvase o que puido ser un antecastro, destruído case na súa totalidade pola estrada. O interior do recinto, onde se poden ver pedras esparexidas por varios puntos, destínase na actualidade a pasto para o gando.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://arqueoancares.blogspot.com.es/2011/01/mamoas-e-castros-do-concello-de_3140.html
PXOM do Concello de Becerreá


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.88090306183742
Lonxitude: -7.143065929412842
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84