Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Ancares (comarca) / Becerreá
Parroquia: Furco
Lugar: Fontes
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

A 746 metros de altitude sobre o nivel do mar.
Situado á dereita da estrada local que vai dende Fontes á N-VI, a media ladeira do monte. Posúe unhas medidas duns 130 x 55 metros na zona máis elevada. Presenta un recinto principal, defendido por terrapléns e fortes pendentes, moi alterado polos labores agrícolas e dividido en parcelas. No SO obsérvase unha croa practicamente achandada, cuberta de fentos e xestas.
Polo leste presenta un antecastro, tamén protexido por terrapléns, e cara o oeste por dous parapeitos. Alterado pola estrada local e os labores agrícolas. Pódense ver dous enormes foxos (nalgún tramo duns seis metros de ancho por tres de alto) un protexendo parte do recinto principal e outro o antecastro; ambos os dous foron arrasados en gran parte pola devandita estrada. Atopei un fragmento cerámico decorado realizado con terra sigillata. Polo NE abriuse unha pista para vehículos mecánicos.
Un home que estivera emigrado en Madrid, hoxe en día falecido, cando regresou a aldea de Fontes pasaba os días na procura de “tesouros”. Ao parecer atopou varios muíños circulares e fragmentos cerámicos. Tamén me contaron que un home, cando estaba a arar a terra, sacou á luz unha ola cerámica chea de po de prata. Hai outra lenda que fala de que hai un carro de ouro soterrado.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://arqueoancares.blogspot.com.es/2011/01/mamoas-e-castros-do-concello-de_3140.html
PXOM do Concello de Becerreá


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.88973119342221
Lonxitude: -7.197418212890625
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84