Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: A Estrada / Padrón
Parroquia: Herbón (Santa María)- Barcala (Santa Mariña)
Lugar: Confurco-Moromo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Romana, Época Altomedieval,
Descrición:

Segundo a ficha do Pxom, publicada no BOP do 9 de setembro 1994, pax 6472, o asentamento é unha fortaleza de época romana e medieval de excepcionais dimensións. Ten unha superficie aproximada de 10 ha. e unha lonxitude total de muralla que ronda os 1250 m. Consta dun único recinto delimitado por unha muralla na que alternan grandes bloques de granito con mampostería seca de mediano tamaño. Alberga no seu interior outeiros rochosos con rebaixes para asentar algún tipo de edificación. No extremo S. do xacemento, na muralla, brota a fonte de S. Xoan, coroada por unha inscripción do 1705. O xacemento pola súa ubicación fisiográfica domina visualmente unha ampla panorámica que lle permite controlar tanto o curso do río Ulla e a súa foz da ría de Arousa, como a confluencia co Sar e o val deste río. Do mesmo xeito controla os accesos terrestres e fluviais que se adentran cara o concello da Estrada .


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA36017048
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

A fonte do Castro Valente.  A fonte do Santo ten unha pía grande  onde cae a agua…Un veciño desta parroquia foi por ela e púxua  no corral para darlle de comer aos porcos. De alí a uns días morréronlle todos. Non tivo máis présa que devolverlle a pía a fonte do Santo. Castro Valente. San Miguel de Barcala. A Estrada. Pontevedra (M.Reimóndez 1990:79)


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PADRON/documents/0304CA001.pdf
(pax 14)
O castro Valente no PXOM da Estrada 2013 https://goo.gl/7GR6t5
(pax 48 de 100 do catálogo pdf)
http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2009/02/08/o-castro-valente-e-os-castelos-baleiros/#hide


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7308742792
Lonxitude: -8.60585689545
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84