Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: Ancares (comarca) / As Nogais
Parroquia: Doncos
Lugar:
Outra denominación do ben: Castelo da Anca
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Erixida sobre un outeiro rochoso na segunda metade do século XIV, á beira do río Navia e xunto unha calzada romana. Defendía a entrada a Galiza. Pertenceu aos Valcalce, pasando logo aos condes de Monterrei. No ano 1603, sendo o seu propietario Fernando de Toledo, xa ficaba medio arruinada. Do antigo castelo segue en pé a Torre da Homenaxe construída en cachotaría de lousa e perpiaños graníticos que enmarcan portas e ventás. Consta de tres plantas e soto. Salientan as ameas, unha porta alintelada con arco semicircular e as seteiras. Da primitiva construción tamén se conserva un muro de peche e un torreón de vixiancia cilíndrico.
Coñecida tamén como Castelo da Anca pola lenda que narra como, durante a Reconquista, un dos trece cabaleiros que estaban para defender aos peregrinos que ían a Santiago de Compostela viu como unha parella de cristiáns era atacada por un grupo de sarracenos e como un deles tomaba prisioeira á muller, e con ela montada na anca do seu cabalo tentou fuxir. Pero cando o sarraceno xa ía ser atrapado polos cabaleiros, desenvaiñou o seu alfanxe e dun tallo degolou á moza para que ninguén gozase da súa beleza, quedando o seu cabalo branco tinguido de sangue.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/castelos-de-galiza.html
http://arqueoloxiadosancares.blogspot.com.es/2011/01/toponimia-do-concello-das-nogais.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.781417242591075
Lonxitude: -7.1091413497924805
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84