Outra fotografía:

Tipo de ben: Porto,
Concello: Muros
Parroquia: Tal (Santiago)
Lugar: Cabanas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Antiguo peirao de grandes perpiaños na parroquia de Tal, ao lado de outro máis moderno. O último, no que atracan pequenas embarcacións, é o que sae na foto da páxina do catálogo de Bens do PXOM do concello de Muros do ano 2010, pero este parece moito máis anterior. Utilizado noutro tempo para o desembarco de lanchas que traían peixe, e sobre todo sardiñas, para as fábricas de salgadura que tiñan ao seu carón e das cales aínda se conservan as ruínas. Forma un conxunto etnográfico protexido do concello de Muros.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Muros. Ronsel de Pedra. Espiral de mar. Deputación da Coruña
Francisco X.Fernández Naval. Maribel Longueira,ISBN 84-95950-42-1
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MUROS/documents/22396CA015.PDF
pax 22 do pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Está caendo de vello. Os embates do mar aínda non poden cos grandes perpiaños, pero algún anaco está cedendo e ten pequenos derrubes. Ao estar ao lado de outro máis novo non se visualiza a necesidade de arranxalo


Onde está localizado

Latitude: 42.7801651954
Lonxitude: -9.00122523308
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84