
Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Ancares (comarca) / As Nogais
Parroquia: Torés
Lugar: Torés
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Érguese preto do castelo medieval. De estilo renancentista, consta de tres naves e frontis protexido por un pórtico. No lintel dunha porta lateral figura unha inscrición datada no ano 1648, sendo párroco Bartolomé Gómez Pozo. No interior consérvase un interesante retábulo barroco coa imaxe do patrón, San Xoán Bautista, que se cre obra de Francisco de Moure. Na bóveda do presbiterio aparecen tres medallóns en relevo coas figuras de Cristo, Santa Catarina e un Agnus Dei. Tamén se conservan uns sepulcros e labras heráldicas dalgunhas familias fidalgas de Torés e dous panteóns situados na capela maior que corresponden a un cabaleiro en posición xacente e unha dama dos Ribadeneira. O templo custodia varias pezas de orfebrería dos séculos XVII e XVIII, entre outras unha custodia cunha inscrición: “Dilo don Pedro Bolaño señor de Torés y Junqueras. Año 1667”.
Diante da igrexa construíuse hai anos unha praza e unhas escaleiras que desentoan fortemente co conxunto formado pola igrexa e o castelo de Torés.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://arqueoloxiadosancares.blogspot.com.es/2011/01/toponimia-do-concello-das-nogais.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.79331908946Lonxitude: -7.161455154418945
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
Oscar Franco says:
Mar 13, 2013
Nunha visita recente, o director da Fundación Casa Ducal de Medinaceli ofreceulle ao alcalde colaboración para a restauración das pinturas do interior desta igrexa.
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/2013/03/12/fundacion-medinaceli-apoya-restauracion-pinturas-tores/0003_201303L12C6992.htm
Xabier Moure says:
Mar 13, 2013
Dende o mes de xaneiro de 2013 estanse a acometer obras no acceso á igrexa por unha subvención (Obradoiro de Emprego) da Consellería de Traballo e Benestar. Como xa reflectín na descrición, hai anos construíuse unha praza e unhas escaleiras que desentoan co conxunto formado pola igrexa e o castelo de Torés.