Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Ancares (comarca) / As Nogais
Parroquia: Torés
Lugar: Monte do Castro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

A 854 metros de altitude sobre o nivel do mar.
Érguese a pouco máis de medio quilómetro, dirección oeste, do núcleo de Torés.
Moi estragado polos labores agrícolas, que achandaron gran parte da muralla. Atopáronse muíños de man, pesas e cerámica castrexa.
O asentamento ocupa a parte máis elevada do monte. De forma ovoidal, ten unhas medidas aproximadas de 135 metros no eixo máis longo e 100 metros no menor. Polo S-L conserva restos de muralla de terra e lousa e un parapeito que se erguen sobre unha pronunciada pendente. Polo leste está defendido polo desnivel do terreo e terrapléns.
Posúe un grande antecastro que ocupa toda a cara S-O. Na croa obsérvanse restos de pedras de pizarra de boa feitura e cuarzo, reaproveitadas, posiblemente, con posterioridade.
A lenda conta que nel vivían os mouros (a uns 400 metros hai un lugar coñecido como A Cova da Moura) e que un túnel comunicaba o castro co castelo de Torés e o río.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://arqueoancares.blogspot.com.es/2011/01/mamoas-e-castros-do-concello-das-nogais_21.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.79092882482018
Lonxitude: -7.167913913726807
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84