Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Ancares (comarca) / As Nogais
Parroquia: Torés
Lugar: Vilaesteva
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

A 899 metros de altitude sobre o nivel do mar.
De pequeno tamaño, atópase a uns 400 metros en liña recta da capela de Santo Estevo en cuxas inmediacións se atoparon varias lousas que corresponderían a uns sártegos dos séculos XII ou XIII.
O castro, de forma case circular, conserva restos de muralla de terra e lousa e un foxo pola parte máis accesible. A pequena croa, inzada pola matogueira, está rodeada case en todo o seu perímetro por unha baixa muralla. Ao parecer realizáronse escavacións furtivas.
Polo norte óbservase un pequeno antecastro, na actualidade plantado de patacas. Comunícase visualmente co castro de Sinllán, na parroquia de Nullán.
Uns veciños de Vilaesteba contáronme que no “tempo da fame” (despois da Guerra Civil), ante a escaseza de gando para facer o esterco, o único xeito de fertilizar a terra era con cinsa. Para elo “facían a tola” que consistía en amorear terróns secos mesturados con leña que queimaban e despois esparexían polo campo onde sementaban centeo e avea. Un bo día, ao rematar de queimar os terróns, apareceu unha vasilla de cerámica feita anacos e un po moi brillante que, disque, era ouro.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: ForestalAgrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://arqueoancares.blogspot.com.es/2011/01/mamoas-e-castros-do-concello-das-nogais_21.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.77788939688616
Lonxitude: -7.136135101318359
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84