Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Muros
Parroquia: Tal (Santiago)
Lugar: Tal
Outra denominación do ben: O Cotriño, Testas do Castro
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Emprázase aproveitando unha península de acantilados cara o mar, que o rodea en boa parte. As condicións naturais fan que a súa defensa sexa boa, ademais dun doado control do territorio da enseada da Ría Muros e Noia. A altura do parapeto exterior está entre os 2 e 3 m. pola parte que dá ás terras limítrofes é de 1 a 3 m. pola caída ata a plataforma interior onde se ve como as defensas, tanto a interior como a exterior, van perdendo magnitude e vanse esmorecendo a medida que se aproximan á liña de costa. Medidas N.S.: 110 m., L.W.: 125 m.. Non é visible o sistema de acceso a croa do recinto pero debeu ser pola pista por onde hoxe se accede a unha casa contruída dentro do asentamento.
A illa, que posiblemente formara parte do conxunto do recinto, está moi cuberta de vexetación e nela atópanse as ruínas da ermida de Santa Catalina, da cal procede o seu topónimo. Segundo unha descricion da costa de Muros, xa estaría desfeita cara o ano 1879 . Algunha información dos veciños din que a imaxe de Santa Catalina está agora na parroquial de Tal.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: AgrícolaResidencial
Código no Catálogo da Xunta: GA15053002
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MUROS/documents/22396CA002.PDF
A Cultura Castrexa nos concellos de Outes, Muros e Carnota;
Xerardo Agrafoxo Pérez, Caderno: Cruceiro do Rego, Noia 1991. ED.Sementeira S.A. ISBN.:84-404-8580-8
Rey Castiñeiras Pepa, Estudio y Catalogación de los castros de la provincia de la Coruña. Gallaecia 7 e 8. 1985,
Mapa de pendentes
http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/descargas/pdfs/PENDENTES/Pendentes_0119A-0503.pdf
Voo Americano do 56
http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/descargas/pdfs/ORTO56/Orto56_0119A-0503.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Atópase en moi mal estado de conservación polas continuas labores levadas a cabo nos terreos do xacemento. “Unha recente casa e varios camiños de monte que fenden os parapetos, así coma a parcelación do castro en pequenas fincas, acabaron por esmorecer parte das defensas”, así poñía no seu libro X. Agrafoxo no 1991, hoxe (xullo do 2011) hai que engadirlle un poste de cemento do alumeado público no medio do parapeto, na pista de entrada da casa que hai dentro.


Onde está localizado

Latitude: 42.7845905571
Lonxitude: -9.01433587074
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84